< | September 2023 | > | ||||
Sun | Mon | Tue | Wed | Thu | Fri | Sat |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O desenvolvemento socioeconómico das rexións europeas está enormemente condicionado polo nivel de acceso e implementación da sociedade da información (SI) e desempeña un papel clave para o desenvolvemento e o crecemento do emprego.
As iniciativas levadas a cabo desde a UE en materia de sociedade da información son relativamente recentes e teñen dous fitos fundamentais: a iniciativa eEurope, coa posterior Estratexia de Lisboa, e o primeiro Plan de acción, eEurope 2002, que se concentraron na ampliación da conectividade a internet en Europa. Posteriormente o Plan de acción eEurope 2005 pretendía traducir esta conectividade nun aumento da produtividade económica.
Neste marco, no II Cumio Mundial de Cidades e Gobernos Locais sobre SI (Bilbao, 2005), xorde a Axenda Dixital Local (ADL) como instrumento mundial de planificación para o desenvolvemento da sociedade da información a nivel local. A Declaración de Cracovia, auspiciada polo CEMR (Consello Europeo de Municipios e Rexións) e Eurocities, recompilou en 2005 a declaración de intencións das cidades europeas para dotarse de ADL como medio para lograr estes obxectivos.
A Declaración de Nápoles (EISCO 2008) ratificou a estratexia de movemento para a implantación de ADL mediante o uso de tres instrumentos clave:
Nos novos marcos estratéxico da CE (2005-2010) i2010 e na posterior Europe 2020 apúntase a creación dunha Axenda Dixital Europea (2010-2015), para abordar os obstáculos principais a un auténtico mercado único dixital, promover o investimento en internet de alta velocidade e seguir traballando na eliminación da fenda dixital.