< | March 2024 | > | ||||
Sun | Mon | Tue | Wed | Thu | Fri | Sat |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 |
No marco eurorrexional o proxecto permitirá avanzar máis rápido cara a un obxectivo xa establecido no proxecto Metodoloxía común para a implementación da Axenda Local Dixital e o seu impacto nas políticas dixitais rexionais-DLA (2009-2011), liderado pola CCDR-N no marco do Programa INTERREG IVC e cuxo obxectivo é intercambiar experiencias entre os socios participantes en relación coa Axenda Dixital Local. A finalidade é identificar boas prácticas que permitan definir unha metodoloxía común para desenvolver e-axendas locais. Aproveitaranse as boas prácticas resultantes dos intercambios de experiencias entre os socios de DLA, así como outras identificadas a escala europea.
O proxecto dá tamén continuidade ao traballo desenvolvido neste ámbito polos beneficiarios do proxecto, especialmente pola Xunta de Galicia e o seu Plan de acción para o desenvolvemento da SI 2010, orientado a dar resposta aos puntos máis débiles e en absoluta consonancia cos obxectivos prioritarios do proxecto ADL, garantindo deste xeito a sustentabilidade futura do proxecto. Entre as actuacións previstas neste plan de acción destacan a Estratexia global de telecomunicacións para Galicia, a iniciativa e-Goberno 2013 (na que se está traballando cos concellos e as deputacións), actuacións integrais de dinamización do uso das NTIC ou plan integral de impulso ao sector empresarial da SI.
A ADL non é un instrumento ríxido, senón que debe ser flexible e adaptado a cada contexto e a cada realidade territorial e organizativa. E, por iso, debe dar soporte a outros instrumentos estratéxicos de planificación no ámbito local. Neste sentido, o desenvolvemento pleno da SI nunha rexión non é posible sen a súa consolidación nos municipios. Estes desempeñan un papel fundamental na aproximación ao cidadán, xa que son habitualmente o primeiro contacto coa Administración pública.