Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< June 2019 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30

Centro de coñecemento

Este apartado engloba distintas seccións con información de interese á hora de deseñar e desenvolver proxectos de Axenda Dixital dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, desde políticas estratéxicas e normativa aplicable a servizos tanxibles a disposición de Administracións locais.

A continuación faise unha breve referencia ao contido de cada sección:

Marco estratéxico

Nesta sección inclúense diferentes plans e políticas estratéxicas de TI, cuxas liñas estratéxicas inflúen en maior ou menor medida no desenvolvemento de axendas dixitais locais.

Así, inclúese a nivel europeo a Axenda Dixital Europea 2020, a nivel nacional a Proposta de Axenda Dixital para España ou a nivel autonómico o Plan estratéxico Axenda Dixital 2014.gal.

Iniciativas europeas ADL

Nesta sección móstranse diferentes proxectos realizados en Europa que achegan metodoloxías, directrices e experiencias no deseño e desenvolvemento de proxectos de axendas dixitais locais. Estes proxectos forman parte do desenvolvemento de políticas TIC xerais e teñen un impacto notable na políticas socioeconómicas rexionais.

Programas de apoio

Nesta sección inclúense diferentes proxectos TIC desenvolvidos na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. A maioría dos proxectos están impulsados por organismos públicos, de ámbito rexional, e definiron servizos TIC de utilidade para o desenvolvemento dalgún ámbito das axendas dixitais locais e que están a disposición das entidades locais que están dentro do alcance xeográfico do proxecto.

Guía de boas prácticas

Nesta sección reúnense unha serie de boas prácticas derivadas da análise de distintos proxectos e metodoloxías na temática de axendas dixitais. Os ámbitos que abarcan estas boas prácticas son: prestación de servizos, transparencia e participación, cidadanía activa e desenvolvemento social, desenvolvemento económico, cultura e identidade, e espazo público.

Banco TIC

Nesta sección defínese un inventario de recursos na Eurorrexión de interese para o desenvolvemento dunha axenda dixital local. Este inventario inclúe desde organismos públicos con competencias no ámbito TIC ou centros tecnolóxicos de interese ata servizos TIC para o desenvolvemento de iniciativas en Administración electrónica, servizos de participación e información cidadá,  plataformas etc.

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities