Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< June 2019 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30

Presentación

Presentación smart cities

Os proxectos de Axenda Dixital Local e de Smart City están claramente aliñados. Calquera plan estratéxico de cidade ou proxecto de Smart City para o desenvolvemento de servizos intelixentes ao cidadán, debe ter como alicerce unha axenda dixital local, que presenta un forte enfoque tecnolóxico para o desenvolvemento das liñas estratéxicas da cidade.

Segundo Nacións Unidas, en xullo de 2007 a poboación urbana excedeu á poboación rural no mundo. Ademais, está previsto que esta proporción se incremente notablemente nos próximos anos, ata o punto que, segundo algunhas previsións, no ano 2050 practicamente o 70 % da poboación mundial será urbana e moitas cidades contarán con máis de 10 millóns de habitantes.

As previsións apuntan a que os espazos urbanos serán cada vez máis densos e terán que afrontar moitos problemas relativos á xestión de recursos escasos, á provisión de servizos públicos, á xestión da información, da mobilidade urbana e do tráfico, así como á eficiencia enerxética e, en xeral, á sustentabilidade. En paralelo, o perfil das persoas que vivirán nelas tamén seguirá evolucionando, de maneira que será cada vez máis formado, saudable e esixente coa súa contorna, polo que se reclamarán melloras na calidade de vida.

Sen dúbida, toda esta evolución supón un cambio moi importante no que se refire ao despregamento e a xestión das infraestruturas de todo tipo no ámbito das cidades e, por tanto, este feito debe terse moi en conta polas políticas públicas que se desenvolvan no ámbito local nos próximos anos.

Segundo o estudo Smart Cities: un primeiro paso cara á internet das cousas da Fundación Telefónica, pódese definir unha Smart City (en galego, cidade intelixente) como aquela cidade que usa as tecnoloxías da información e as comunicacións para facer que tanto a súa infraestrutura crítica como os seus compoñentes e servizos públicos ofrecidos sexan máis interactivos, eficientes e os cidadáns poidan ser máis conscientes deles.

Nunha definición máis ampla unha cidade pódese considerar como “intelixente” cando os investimentos en capital humano e social, e en infraestrutura de comunicación, fomentan precisamente un desenvolvemento económico sustentable e unha elevada calidade de vida, cunha sabia xestión dos recursos naturais a través dun goberno participativo.

Na práctica, e a un nivel máis popular, unha Smart City é unha cidade comprometida coa súa contorna, tanto desde o punto de vista ambiental como no relativo aos elementos culturais e históricos, con elementos arquitectónicos de vangarda, e onde as infraestruturas están dotadas de solucións tecnolóxicas avanzadas para facilitar a interacción do cidadán cos elementos urbanos, facendo a súa vida máis fácil.

As principais áreas de actuación identificadas nunha Smart City son: mobilidade smart, loxística e tecnoloxía, desenvolvemento dos recursos humanos e o capital social: xente smart; economía smart para a competitividade; urbanismo e sustentabilidade da vivenda; ecosistema, contorna sustentable, enerxías renovables e outros recursos e, por último, e-democracia, goberno smart.

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities