Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< April 2024 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30

Presentación

O desenvolvemento socioeconómico das rexións europeas está enormemente condicionado polo nivel de acceso e implementación da sociedade da información (SI) e desempeña un papel clave para o desenvolvemento e o crecemento do emprego.

As iniciativas levadas a cabo desde a UE en materia de sociedade da información son relativamente recentes e teñen dous fitos fundamentais: a iniciativa eEurope, coa posterior Estratexia de Lisboa, e o primeiro Plan de acción, eEurope 2002, que se concentraron  na ampliación da conectividade a internet en Europa. Posteriormente o Plan de acción eEurope 2005 pretendía traducir esta conectividade nun aumento da produtividade económica.

Neste marco, no II Cumio Mundial de Cidades e Gobernos Locais sobre SI (Bilbao, 2005), xorde a Axenda Dixital Local (ADL) como instrumento mundial de planificación para o desenvolvemento da sociedade da información a nivel local. A Declaración de Cracovia, auspiciada polo CEMR (Consello Europeo de Municipios e Rexións) e Eurocities, recompilou en 2005 a declaración de intencións das cidades europeas para dotarse de ADL  como medio para lograr estes obxectivos.

A Declaración de Nápoles (EISCO 2008) ratificou a estratexia de movemento para a implantación de ADL  mediante o uso de tres instrumentos clave:

  1. O Plan da ADL, con horizonte temporal a tres anos;
  2. O Pacto Local pola SI, orientado aos provedores locais de e-servizos;
  3. O Foro de Cidadáns e Axentes Locais, co obxecto de promover, discutir e retroalimentar o plan entre cidadáns, empresas, expertos etc.

Nos novos marcos estratéxico da CE (2005-2010) i2010 e na posterior Europe 2020 apúntase a creación dunha Axenda Dixital Europea (2010-2015), para abordar os obstáculos principais a un auténtico mercado único dixital, promover o investimento en internet de alta velocidade e seguir traballando na eliminación da fenda dixital.

Imaxe presentación ADL

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities