Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< February 2026 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28

Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular constitúe unha asociación de Dereito privado e sen fins económicos, integrada por municipios que configuran o sistema urbano da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O Eixo Atlántico determina un espazo eurorregional interestatal cuxa filosofía segue as orientacións da Unión Europea.

Este espazo eurorregional integra as seguintes cidades: A Coruña , Barcelos, Braga, Bragança, Carballiño, Carballo, Chaves ,Vila Nova de Famalicão, Ferrol, Guimarães, Lalín, Lamego, Lugo, Macedo de Cavaleiros, Matosinhos, Mirandela, Monforte de Lemos, Narón, O Barco de Valdeorras, O Porto, Ourense, Penafiel, Peso dá Régua, Pontevedra, Riveira, Santiago de Compostela, Sarria, Verín, Viana do Castelo, Vigo, Vila do Conde, Vila Nova de Gaia, Vila Real, Vilagarcía de Arousa.

Estes núcleos urbanos pretenden ser os auténticos motores de desenvolvemento no espazo rexional no que se inseren e que se caracteriza pola existencia de determinadas realidades socioeconómicas e culturais similares.

Competencias no proxecto
O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular participa en todas as actividades previstas no proxecto. Ten un papel destacado como axente dinamizador dos municipios, promovendo a súa participación no Comité Consultivo para o deseño de Axendas Dixitais e actuando de mediador coas cidades para a difusión dos resultados do proxecto.

Neste sentido, é importante o seu labor na organización e difusión das mesas debate para a elaboración do ADL, así como nas Capitalización de Resultados e na Comunicación xeral do proxecto que, realiza baixo a coordinación da Dirección Xeral de Administración Local.

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities