Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< February 2026 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28

CCDR-N

A Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N) é un organismo descentralizado da Administración central cuxa misión consiste en promover as condicións para o desenvolvemento integrado e sustentable do Norte de Portugal (NUT II) e contribuír á cohesión do territorio portugués.

Dotada de autonomía administrativa e financeira, á CCDR-N compételle coordinar e promover na Rexión do Norte as políticas de planeamento e desenvolvemento rexional, medio natural, ordenación do territorio, cooperación interrexional e transfronteiriza e de apoio á Administración local e ao asociacionismo intermunicipal. Os seus campos de intervención tamén inclúen a xestión de programas operacionais rexionais, provenientes dos fondos comunitarios de apoio a Portugal, e doutros instrumentos de financiamento do desenvolvemento rexional.

Competencias no proxecto

A CCDR-N coordina, xunto coa AMTEGA a definición de parámetros que hai que analizar e indicadores. Así mesmo, participa no resto de actividades previstas no proxecto.Ten, entre outras funcións, as seguintes:

  • Organización de xornadas técnicas para a formación e sensibilización a responsables técnicos e políticos.
  • Organización dun seminario destinado a definir propostas para avanzar na modernización da Administración local.

Por outra banda, participa nas actividades de xestión e coordinación e de comunicación do proxecto, achegando os datos necesarios para a elaboración de informes e difundindo o proxecto no seu conxunto, en colaboración co resto de beneficiarios.

 

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities