Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< February 2026 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28

Orientación

Imaxe orientaciónDeseñarase un plan estratéxico para a implantación dunha axenda dixital da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal (en diante, Eurorrexión) cuxa finalidade consistirá en sensibilizar os decisores e a sociedade no seu conxunto en canto á conveniencia de contar cunha estratexia local para o desenvolvemento da sociedade da información. Así mesmo, crearase un modelo sistémico de implantación da sociedade da información para as cidades, que se poida adaptar ás peculiaridades das diferentes localidades, tendo en conta que entre os distintos municipios da Eurorrexión existen diferenzas de partida tanto a nivel tecnolóxico como demográfico.

A través da cooperación entre cidades, desde un enfoque integrador, capacitarase dixitalmente a municipios, cidadáns, empresarios e entidades dos municipios participantes da Eurorrexión para facilitar o acceso ao emprego e as oportunidades de aprendizaxe, co fin de colaborar no desenvolvemento das súas carreiras, mellorar a súa produtividade e para que todos eles poidan acceder en liña á ampla oferta de servizos gobernamentais e non gobernamentais.

Así, preténdese conseguir unha maior inclusión, interacción, transparencia e, en definitiva, facer que os servizos municipais estean cada vez máis orientados ao cidadán, garantindo a igualdade de oportunidades no acceso ás vantaxes que ofrecen as tecnoloxías da información e a comunicación.

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities