Como obxectivos específicos do proxecto pódense citar:
- Favorecer a implantación dunha estratexia dixital local na Eurorrexión.
- Potenciar a transferibilidade do modelo deseñado a outras rexións da UE.
- Fomentar a cooperación entre os sectores público-público e público-privado, cunha especial colaboración por parte dos sectores tecnolóxico, universitario e de investigación, buscando o valor engadido na mellora dos procesos a través da e-innovación.
- Establecer mecanismos de coordinación coas entidades locais para o intercambio de experiencias, compartindo recursos, fomentando o desenvolvemento tecnolóxico e garantindo a sustentabilidade dos vínculos xerados.
- Xerar e-ecosistemas onde se establezan sinerxías con outras actuacións a nivel local, rexional ou da UE (centros TIC, internet nas bibliotecas, universidades, institutos de innovación tecnolóxica etc.).
- Apoiar cos resultados do proxecto outras redes locais e rexionais no marco da UE que queiran avanzar no uso e aplicación das TIC en beneficio da súa relación coa cidadanía.
- Promover a cultura da solidariedade “dixital”, na que o espírito tenderá a ser a prestación conxunta de servizos en liña superando as fronteiras organizativas e xeográficas.
