Proxecto 22@Urban Lab
Ámbito:
Barcelona
Descrición:
Un dos obxectivos do proxecto 22@Barcelona é consolidar o papel de Barcelona como cidade innovadora. Neste marco, unha liña de acción concreta é potenciar a utilización da cidade como laboratorio urbano, co proxecto 22@Urban Lab, que erixe o distrito 22@Barcelona como espazo de ensaio de solucións innovadoras para empresas que desexen implantar probas en calquera ámbito: urbanismo, educación, mobilidade etc.
Un laboratorio de ensaios urbano (ou urban lab) debe ser un espazo de probas para acoller:
- Produtos que teñan unha implicación directa no funcionamento da cidade ou nos servizos que proporciona o Concello.
- Proxectos que acheguen beneficios a cidadáns e que solucionen necesidades non resoltas.
- Proxectos aliñados cos obxectivos, prioridades e liñas de actuación do Concello.
Pilotos destacados:
- Implantación de doce puntos de iluminación exterior pública Eco Dixital con tecnoloxía LED. Estes puntos contarán con sensores de presenza, vibración, temperatura, antenas GSM, cámara web etc.
- Piloto de lectura telemática de contadores de gas, luz e auga de máis de 150 vivendas. O sistema pode obter os datos de consumo de forma instantánea e transmitilas a unha sede central, evitando así as estimacións no consumo e as lecturas in situ.
- Proxecto de mobilidade sustentable. Despregamento da infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos e dúas motos da Garda Urbana de propulsión eléctrica.
- Cámaras de control de tráfico conectadas por fibra óptica coa central de vía pública para vixiar en tempo real o tráfico.
- Fibra óptica nas vivendas. Este piloto quere facer chegar ao interior das vivendas de Poblenou unha rede de fibra óptica (FTTH) para multiplicar o largo de banda que pode dar o cableado de cobre tradicional.
- Semáforos adaptados para invidentes en todos os cruces do 22@Barcelona.
- Varios tipos de carrís para bicicletas foron testados no distrito 22@ con obxecto de detectar cal dos pilotos contribuía a unha mellor circulación e seguridade dos ciclistas.
Principais obxectivos:
- Fomentar a innovación empresarial desde o 22@Barcelona.
- Permitirlles ás empresas que proben os seus proxectos innovadores nun espazo real para que, se demostran o seu valor, poidan posteriormente comercializalos a grande escala en Barcelona ou noutras cidades do mundo.
- Aprender e crear novos produtos ou servizos que poidan achegar melloras aos cidadáns de Barcelona.
Principais axentes:
Concello de Barcelona
Máis información:
Páxina web do proxecto