Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< February 2026 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
Smartcity Barcelona

Proxecto 22@Urban Lab

Ámbito:

Barcelona

Descrición:

Un dos obxectivos do proxecto 22@Barcelona é consolidar o papel de Barcelona como cidade innovadora. Neste marco, unha liña de acción concreta é potenciar a utilización da cidade como laboratorio urbano, co proxecto 22@Urban Lab, que erixe o distrito 22@Barcelona como espazo de ensaio de solucións innovadoras para empresas que desexen implantar probas en calquera ámbito: urbanismo, educación, mobilidade etc.

Un laboratorio de ensaios urbano (ou urban lab) debe ser un espazo de probas para acoller:

  • Produtos que teñan unha implicación directa no funcionamento da cidade ou nos servizos que proporciona o Concello.
  • Proxectos que acheguen beneficios a cidadáns e que solucionen necesidades non resoltas.
  • Proxectos aliñados cos obxectivos, prioridades e liñas de actuación do Concello.
Pilotos destacados:
  • Implantación de doce puntos de iluminación exterior pública Eco Dixital con tecnoloxía LED. Estes puntos contarán con sensores de presenza, vibración, temperatura, antenas GSM, cámara web etc.
  • Piloto de lectura telemática de contadores de gas, luz e auga de máis de 150 vivendas. O sistema pode obter os datos de consumo de forma instantánea e transmitilas a unha sede central, evitando así as estimacións no consumo e as lecturas in situ.
  • Proxecto de mobilidade sustentable. Despregamento da infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos e dúas motos da Garda Urbana de propulsión eléctrica.
  • Cámaras de control de tráfico conectadas por fibra óptica coa central de vía pública para vixiar en tempo real o tráfico.
  • Fibra óptica nas vivendas. Este piloto quere facer chegar ao interior das vivendas de Poblenou  unha rede de fibra óptica (FTTH) para multiplicar o largo de banda que pode dar o cableado de cobre tradicional.
  • Semáforos adaptados para invidentes en todos os cruces do 22@Barcelona.
  • Varios tipos de carrís para bicicletas foron testados no distrito 22@ con obxecto de detectar cal dos pilotos contribuía a unha mellor circulación e seguridade dos ciclistas.
Principais obxectivos:
  • Fomentar a innovación empresarial desde o 22@Barcelona.
  • Permitirlles ás empresas que proben os seus proxectos innovadores nun espazo real para que, se demostran o seu valor, poidan posteriormente comercializalos a grande escala en Barcelona ou noutras cidades do mundo.
  • Aprender e crear novos produtos ou servizos que poidan achegar melloras aos cidadáns de Barcelona.
Principais axentes:

Concello de Barcelona

Máis información:

Páxina web do proxecto

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities