Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< February 2026 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
Smartcity Málaga

Málaga Smart City

Ámbito:

Málaga

Descrición:

Smartcity Málaga é un proxecto pioneiro onde se aplican novos sistemas e tecnoloxías para reducir o consumo eléctrico implicando a 300 clientes industriais, 900 provedores de servizos e 11 000 fogares ao longo dun período de catro anos.

Smartcity Málaga pretende conseguir unha integración óptima das fontes renovables de enerxía na rede eléctrica, aproximando a xeración ao consumo a través do establecemento de novos modelos de xestión de microxeración eléctrica.

Ademais, xestionaranse sistemas de almacenamento enerxético en baterías para facilitar o seu consumo posterior na climatización de edificios, a iluminación pública e o transporte eléctrico. Ademais, potenciarase o uso de coches eléctricos, coa instalación de postes de recarga e a implantación dunha frota de vehículos.

Smartcity Málaga ten previsto instalar novos contadores intelixentes desenvolvidos no marco da telexestión para facer posible un consumo eléctrico máis sustentable. Ademais, a instalación de sistemas avanzados de telecomunicacións e telecontrol permitirá actuar en tempo real e de forma automática sobre a rede de distribución, facendo posible unha nova xestión da enerxía e potenciando a calidade do servizo.

Localización:

A zona elixida para implantar Smartcity é o Paseo Marítimo de Málaga.

Financiamento/orzamento:

31 millóns de euros, sobre o orzamento total do proxecto para os catro anos. O CDTI financia 21 millóns co Fondo Tecnolóxico.

Máis información:

Páxina web do proxecto

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities