| < | February 2026 | > | ||||
| Sun | Mon | Tue | Wed | Thu | Fri | Sat |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
O alcance dos proxectos Smart City pode chegar a ser moi amplo e xeralmente o financiamento para o seu desenvolvemento é moi significativo e máis na actual contorna económica en Europa. Isto fai necesaria a planificación de fases ou proxectos concretos dentro do proxecto xenérico de Smart City.
Os proxectos de Smart City normalmente implican a participación de diferentes actores, do sector público, do privado e de centros tecnolóxicos ou de investigación. Os puntos de partida sociais, económicos e de organización adoitan ser moi dispares, aínda que os obxectivos finais sempre apuntan á mellora das condicións socioeconómicas, ambientais, culturais etc. dos cidadáns.
A liña innovadora dos primeiros proxectos de Smart City en Europa posibilitou que os fondos de investigación e desenvolvemento, articulados a través de programas como o 7º Programa Marco e o próximo Horizonte 2020 para o período 2014-2020, financiasen proxectos pioneiros no desenvolvemento de infraestrutura e tecnoloxía de interese nos diferentes ámbitos que poden abarcar o concepto de Smart City como: optimización de recursos enerxéticos, aspectos ambientais, xestión de recursos hídricos, desenvolvemento de servizos intelixentes para cidadanía, servizos de mobilidade etc. (ver ligazóns de interese para maior información).
Estes fondos van seguir apoiando de forma decidida liñas de investigación e desenvolvemento que poidan mellorar o desempeño das tecnoloxías nestes campos, o que abre campo de oportunidades importantes. No entanto, a escalabilidade de tecnoloxías existentes e probadas a calquera cidade non é o obxectivo destes fondos.
Outra gran vía de financiamento son os fondos xestionados a través de Administracións públicas, como os fondos FEDER, que nutren a diferentes programas ou liñas de grande interese no desenvolvemento de proxectos.
Pero tamén se fai necesario ampliar a gama de posibles vías de financiamento e liñas de acción para este tipo de proxectos. Aínda que estas ideas non sexan aplicables en todos os casos, pódense identificar oportunidades que non se consideran habitualmente:
Ligazóns de interese a fontes de financiamento máis destacadas: