< | September 2023 | > | ||||
Sun | Mon | Tue | Wed | Thu | Fri | Sat |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O Plan eConcellos ten como misión apoiar, dinamizar e completar o desenvolvemento dos servizos públicos dixitais e a modernización da Administración pública local, ademais de garantir niveis homoxéneos de servizos dixitais para todos os cidadáns, de modo que se minimice a exclusión por causas territoriais.
Deste xeito perseguiranse os seguintes obxectivos estratéxicos:
AMTEGA
Infraestrutura tecnolóxica: modelo tecnolóxico para o desenvolvemento de servizos compartidos.
Infraestrutura de Administración electrónica (servizos comúns): acreditación e sinatura dixital.
Infraestrutura de Administración electrónica (servizos comúns): caixa de correos de notificacións electrónicas.
Interoperabilidade: modo de interoperabilidade galego.
Interoperabilidade: obras e urbanismo - intercambio de traballos profesionais COAG.
Interoperabilidade: obras e urbanismo - intercambio de plans urbanísticos.
Servizos dixitais comúns (cidadanía): catálogo normalizado de procedementos.
Servizos dixitais comúns (cidadanía): sistemas integrados de rexistro / oficinas de rexistro.
Servizos dixitais comúns (empresas): licitación electrónica.
Servizos dixitais comúns (empresa): factura electrónica.
Eidolocal: evolución do portal Eidolocal.
Eidolocal: subsede electrónica de municipios.
Eidolocal: servizo de tradución automática.
Froito do novo escenario de cooperación, asinouse en xullo de 2010 o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración electrónica nas entidades locais de Galicia. O devandito acordo garantirá por parte da Administración autonómica a prestación dunha serie de servizos ás entidades locais adheridas ao convenio.
Modelo de colaboración:
Actualmente xa están adheridos 305 municipios e as catro deputacións provinciais.
Máis información: