DepoTIC
Descrición:
O proxecto DepoTIC pretende dar continuidade á estratexia da Deputación na promoción do uso das TIC como clave para o desenvolvemento económico, social e tecnolóxico da provincia. Para iso, entre outros levarán a cabo as seguintes actuacións de apoio ao desenvolvemento da Administración electrónica nos concellos:
- Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM 2.0), mediante o que se identificarán as necesidades e oportunidades tecnolóxicas dos concellos e se prestará asesoramento tecnolóxico a estes. E para iso, levarán a cabo as seguintes actividades:
- Auditoría de sistemas
- Auditoría de comunicacións
- Procedementos de xestión interna da plataforma de sistemas e/ou comunicacións
- Asesoramento tecnolóxico, soporte de nivel 1, 2 e 3, e deseño de infraestruturas e servizos
- Creación de comunidades virtuais intermunicipais
- Centro de coñecemento avanzado para a explotación do patrimonio documental e bibliográfico: unha segunda fase da iniciativa eDepo máis orientada aos concellos, que busca potenciar a conservación do patrimonio e normalizar os procedementos de conservación, de cara á difusión do patrimonio cultural á cidadanía.
Promotor:
Deputación de Pontevedra

Alcance:
Municipios da provincia de Pontevedra
Modelo de colaboración:
Para executar entre os anos 2012 e 2013.
O cobro pola prestación do servizo aos concellos terá unha carencia de 2 anos.
Máis información:
Presentación_global.pdf