Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< February 2026 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
Logo DLA

DLA Project

Ámbito:

Europeo, financiado a través de Interreg IV C

Descrición:

Metodoloxía común para a implementación da Axenda Dixital Local e o seu impacto nas políticas rexionais dixitais.

Unha axenda dixital local (ADL) é unha estratexia común que comparten coa cidadanía, para o desenvolvemento da sociedade da información, que ten en conta as condicións socioeconómicas, culturais e institucionais. A fenda dixital en Europa é unha realidade, e o desenvolvemento económico e social das rexións europeas está en gran parte condicionada polo grao de implantación da sociedade da información.

No caso das administracións públicas, a adopción de tecnoloxías da información e as ferramentas de comunicación no día a día implica melloras inmediatas: máis eficiencia, máis produtividade e mellores servizos para a cidadanía e as empresas. Porén, o grao de implantación das tecnoloxías da información e a comunicación varía dunha rexión a outra.

O obxectivo principal do proxecto, que reúne a 11 socios de 9 países de Europa, é a mellora das políticas rexionais en materia de ADL co fin de desenvolver novas actividades relacionadas coa aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación aos servizos públicos.

Para iso, o proxecto fomenta o intercambio permanente de experiencias entre os socios. Así mesmo, establece unha rede de cooperación para actualizar e mellorar os coñecementos sobre a sociedade da información e as súas aplicacións nos servizos das administracións públicas. Como obxectivos específicos, o proxecto busca:

  • Deseñar unha ADL xeral transferible a todas as rexións.
  • Elaborar unha metodoloxía común para adaptar a ADL xeral para cada situación local particular.
  • Involucrar a todos os interesados no proxecto e no proceso de construción dunha ADL.
  • Intercambiar experiencias.
Presentación:

Documento de presentación

Máis información:

Páxina web do proxecto

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities