Territorios vinculados ao mar do Norte: Alemaña, Bélxica, Suecia, Reino Unido e Holanda.
Os campos da creatividade, a innovación, os servizos dixitais e Goberno electrónico son fundamentais para o desenvolvemento económico da Unión Europea, así como a súa política futura ata o ano 2020. A Axenda Dixital para Europa, en particular, é un elemento clave da política europea e de valor estratéxico para a rexión do mar do Norte, debido ao feito de que os servizos relacionados con e para a sociedade da información xerarán emprego, loitarán contra a exclusión social e contribuirán ao desenvolvemento económico e a cohesión territorial.
A Axenda Dixital para Europa axuda a UE a promover as tecnoloxías de comunicación para aumentar o acceso aos servizos e, polo lo tanto, mellorar a calidade de vida. A posta en práctica da Axenda Dixital para Europa conducirá a un cambio substancial do desenvolvemento rexional na rexión do mar do Norte e en toda Europa.
Neste contexto créase a Axenda Dixital para o mar do Norte (DANS). Conéctanse tres proxectos financiados por Interreg Challenge City Creative (CCC), Smartcities e E-CLIC, pero cun impacto máis alá do propio proxecto e chegando a toda a rexión do mar do Norte.
Os tres proxectos combinan a súa experiencia, contactos e redes para a xeración dun grupo novo e máis potente que, por un lado, contén elementos dos proxectos individuais (por exemplo, a creatividade, produtos innovadores e servizos electrónicos) e que se centran no apoio á aplicación da Axenda Dixital para Europa. Búscase atraer novos actores importantes a nivel rexional e nacional, e para o intercambio de boas prácticas. Debido á agrupación DANS, a colaboración transnacional constitúe unha base sólida sobre a que pode utilizarse a Axenda Dixital para Europa implementada na rexión do mar do Norte.