Cidades e rexións dixitais
Promotor:
Entidades de ámbito central
Entidades de ámbito local/rexional: promotores de candidaturas coordinadoras rexionais
Descrición:
As cidades e rexións dixitais oriéntanse á promoción dunha mellor calidade de vida, o desenvolvemento social e rexional, un mellor exercicio da cidadanía e unha mellor e máis frutífera integración das tecnoloxías da información e a comunicación na vida cotiá dos habitantes dunha cidade ou rexión en particular.
As candidaturas que se presentan á iniciativa deben xirar arredor de catro áreas de actuación:
- Dinamización rexional (contidos e servizos dixitais): ten como obxectivo a produción dun portal rexional onde se inclúen contidos demostradores das principais potencialidades e competencias da rexión, nas diferentes vertentes, que lles interesan aos seus habitantes e visitantes.
- Goberno electrónico local en banda larga: ten como obxectivo o apoio a todo un conxunto de accións estratéxicas (webs municipais, servizos en liña, intranet, compras electrónicas) para a modernización dos servizos da Administración local e da súa relación cos cidadáns.
- Accesibilidade: ten como obxectivo o apoio a puntos públicos municipais de aceso á banda larga, esenciais para configurar calidade e fiabilidade no aceso á sociedade do coñecemento no territorio.
- Infraestruturas: ten como obxectivo o apoio a infraestruturas de base tecnolóxica (Data Centers, Redes Camararias etc.) cun papel central para asegurar a interoperabilidade entre os diferentes actores do proxecto e o territorio.
Xestión:
Cada proceso -cidade ou rexión dixital- desenvólvese a partir dun núcleo promotor de socios locais que se establece no consorcio e ao que se asocian axentes e entidades locais que aplican a proxectos de uso social das TIC en diferentes áreas, de acordo coa súa natureza.
Máis información:
Páxina web do proxecto