Centro de asesoramento empresarial innov@empresa
Ámbito
Galicia
Descrición
O centro de asesoramento empresarial innov@empresa é unha iniciativa en apoio aos empresarios da provincia de Lugo, coa que se pretende fomentar a creación de emprego, conseguir empresas máis competitivas e impulsar iniciativas emprendedoras mediante o uso das novas tecnoloxías.
Nace coa aspiración de converterse en referente tecnolóxico e de innovación para os empresarios da provincia. Axudará a comprender mellor os beneficios das novas tecnoloxías e os programas de financiamento de I+D+i existentes.
Os obxectivos estratéxicos de INNOV@EMPRESA son:
- Asesorar aos emprendedores para la posta en marcha de iniciativas empresariais.
- Apoiar ao empresariado de todos os sectores produtivos da provincia na consolidación dos sues modelos de negocio.
- Familiarizar ao sector empresarial coa utilización das novas tecnoloxías nos seus procesos de xestión, organización, produción e relación cos seus clientes.
- Fomentar a I+D+i (Investigación, Desenvolvemento e innovación) e a cultura colaborativa nas empresas da zona.
Alcance
- Asesoramento tecnolóxico a Pemes e Autónomos (difusión e concienciación tecnolóxica, axentes dinamizadores TIC, programa formativo, mapa de empresas TIC).
- Punto de asesoramento empresarial (información sobre axudas públicas, financiamento, ...).
- Punto de información sobre I+D+i (información e asesoramento sobre instrumentos/programas de financiamento público de I+D+i, ...).
- Punto de asesoramento para artesáns (Servizos de apoio e orientación laboral).