Centro de Innovación Social, InLugo
Ámbito
Galicia
Descrición
InLugo é un centro experimental e do coñecemento para a xeración de proxectos innovadores que favorezan o benestar e a igualdade social mediante o impulso dun modelo de crecemento social baseado nas TIC. A través dunha metodoloxía baseada no living-lab, e no proceso de innovación colaborativa entre empresas, entidades públicas, universidades, institutos e cidadanía, o InLugo contribúe a aumentar as oportunidades e calidade de vida da cidadanía, facendo especial énfase nos colectivos máis desfavorecidos no seu acceso e utilización das TIC, reducindo a fenda dixital. Os obxectivos de IN LUGO son:
- Xerar proxectos que incorporen novos coñecementos e acheguen un compoñente de innovación, relacionados directamente con colectivos desfavorecidos.
- Potenciar a implicación de todos os axentes sociais na consecución de proxectos innovadores.
- Por a disposición da cidadanía o coñecemento xerado e recursos relacionados coa Sociedade da Información, facendo énfase en colectivos desfavorecidos.
- Promover proxectos vinculados coa Sociedade da Información e potenciar a creación de redes de coñecemento para o intercambio do coñecemento xerado.
- Potenciar a creación de empresas innovadoras mediante a difusión das experiencias xeradas, promovendo a creación de emprego e a cooperación empresarial.
Alcance
- Acceso da cidadanía ás TIC, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos.
- Espazo de test de produtos e servizos innovadores especialmente deseñados para que estes colectivos melloren a súa calidade de vida.
- Accións formativas dirixidas aos colectivos de interese.