Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< February 2026 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
CDTIC

Centro Demostrador TIC de Galicia

Ámbito

Galicia

Descrición

Constitúe un punto de encontro entre a oferta do sector tecnolóxico de Galicia e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego. É o Escaparate Tecnolóxico de Galicia e, por tanto, unha referencia no impulso e a difusión do uso do TIC nos sectores produtivos galegos, a través principalmente da asesoría e capacitación e formación tecnolóxica.

O seu obxectivo é achegar os produtos e servizos do sector TIC de Galicia ás empresas da nosa comunidade co fin de satisfacer as súas necesidades tecnolóxicas e incidir nunha mellora en ter de produtividade e competitividade.

Alcance

No CDTIC desenvólvense distintos tipos de actividades que poden estar promovidas tanto pola Xunta de Galicia como por calquera entidade ou colectivo externo.

As actividades ofrecidas por este centro son:

  • Sesións Demostradoras, que teñen como obxectivo principal mostrar, de maneira práctica, produtos ou servizos TIC ás empresas asistentes.
  • Encontros TIC, que teñen como obxectivo principal proporcionar un punto de encontro que dea lugar a foros, relatorios e debates ao redor dun sector empresarial ou un temática TIC concreta.
  • Talleres/Seminarios de Formación, que teñen como obxectivo principal capacitar ás empresas asistentes.

Modelo de colaboración:

Desde a súa posta en marcha, foron presentadas máis de 20 solucións tecnolóxicas e contouse coa participación nas actividades do centro de máis de 250 profesionais.

No marco desta iniciativa creouse un portal web onde ademais de estar dispoñible toda a actualidade do CDTIC, pódese acceder ao Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia (MapaTIC.gal): un directorio en liña completo e categorizado de provedores, produtos e servizos TIC galegos facilmente localizables a través de criterios de busca intelixentes e precisos. A día de hoxe, xa conta con máis de 160 provedores tecnolóxicos e case 370 solucións.

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities