Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< April 2024 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30
2014.gal

Axenda Dixital 2014.gal

Ámbito:

Galicia

Descrición:

Galicia

marcouse como obxectivo, dentro do actual marco establecido polo Plan estratéxico Galicia 2010-2014, o reto de converxer co horizonte europeo para 2020. Deste plan xorde a Axenda Dixital de Galicia, como aposta pola definición dunha estratexia clara en materia de sociedade da información, que permita competir como rexión no novo mercado único dixital europeo definido pola Axenda Dixital para Europa e na nova economía do coñecemento, como camiño para unha recuperación económica sustentable.

A Axenda Dixital de Galicia enfróntase a un importante cambio de enfoque estratéxico: o seu obxectivo é pasar dunha sociedade que utiliza as TIC, a unha sociedade galega que se serve das novas tecnoloxías para xerar un crecemento sustentable, para mellorar as súas cotas de participación na toma de decisións e para contribuír á súa calidade de vida sobre a base do coñecemento. Para logralo, contará co impulso e a participación activa de todos os axentes implicados na sociedade da información.

Para alcanzar o salto cualitativo implícito no reto que pretende Galicia, establécense sete liñas estratéxicas dentro da Axenda Dixital de Galicia:

  1. Servizos públicos dixitais
  2. Administración eficiente
  3. Cidadanía dixital
  4. Impulso ao sector da economía do coñecemento
  5. Empresa innovadora e economía dixital
  6. Política de telecomunicacións
  7. Medidas instrumentais, de seguimento e de cooperación

 

Vídeo:

 

Máis información:

Páxina web do proxecto

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities