| < | February 2026 | > | ||||
| Sun | Mon | Tue | Wed | Thu | Fri | Sat |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
Portugal
Lanzado en 2005, o Plan Tecnolóxico de Portugal é unha idea política, unha axenda de mobilización e un compromiso de acción que permite combinar de forma activa medidas promotoras de coñecemento, de tecnoloxía e de innovación, mellorando a capacidade competitiva da economía portuguesa nun marco de forte presión para a reestruturación, resultante da vontade política do Goberno portugués.
A Axenda Dixital 2015 é un programa de acción incluído no Plan Tecnolóxico de Portugal que traduce unha aposta determinada na mellora de servizos prestados a persoas e a axentes económicos utilizando o potencial de redes de nova xeración e co apoio a empresas e consorcios empresariais para a súa internacionalización, a través da exportación de bens e servizos desenvolvidos. O obxectivo do plan é a converxencia coa media europea nos indicadores de capacidade de innovación e pasar a ter unha balanza tecnolóxica positiva.
Esta aposta está focalizada en cinco áreas de intervención prioritarias:
Instalación dunha rede de telecomunicacións de ámbito nacional, con elevadas capacidades de transmisión e de banda larga dispoñible, que potencie a aparición de servizos de alto valor engadido para cidadáns e empresas.
Garantir o acceso de cidadáns e empresas a mellores servizos públicos, complementando o elevado nivel de dispoñibilidade en liña xa alcanzado.
Identificación e promoción de solucións con impacto na sociedade portuguesa e con elevado potencial de exportación
Crear plataformas que motiven os diferentes actores da comunidade educativa a implementar prácticas que potencien o uso de ferramentas TIC no contexto do ensino e aprendizaxe e dinamicen o mercado de contidos en lingua portuguesa.
Desenvolver e implementar plataformas intelixentes que optimicen a prestación de coidados de saúde de proximidade, xerando solucións exportables a outros mercados. Asegurar que a información de saúde do cidadán está dispoñible, para este e para o profesional da saúde que lle preste servizos, de forma adecuada e segura, no lugar e instante en que sexa necesario.
Desenvolver solucións tecnolóxicas de mobilidade e soporte á mobilidade intelixente e á optimización enerxética, cunha forte incorporación tecnolóxica nacional, tendo como base as competencias nacionais en tecnoloxías de información, en redes intelixentes (Smart grids) e no coñecemento sobre as tecnoloxías asociadas á mobilidade eléctrica, xerando clústers para a exportación que funcionarán en forte conexión cos polos de competitividade e cos clústers industriais xa existentes en fase de adaptación aos novos programas.