| < | February 2026 | > | ||||
| Sun | Mon | Tue | Wed | Thu | Fri | Sat |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
Este apartado engloba distintas seccións con información de interese á hora de deseñar e desenvolver proxectos de Axenda Dixital dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, desde políticas estratéxicas e normativa aplicable a servizos tanxibles a disposición de Administracións locais.
A continuación faise unha breve referencia ao contido de cada sección:
Nesta sección inclúense diferentes plans e políticas estratéxicas de TI, cuxas liñas estratéxicas inflúen en maior ou menor medida no desenvolvemento de axendas dixitais locais.
Así, inclúese a nivel europeo a Axenda Dixital Europea 2020, a nivel nacional a Proposta de Axenda Dixital para España ou a nivel autonómico o Plan estratéxico Axenda Dixital 2014.gal.
Nesta sección móstranse diferentes proxectos realizados en Europa que achegan metodoloxías, directrices e experiencias no deseño e desenvolvemento de proxectos de axendas dixitais locais. Estes proxectos forman parte do desenvolvemento de políticas TIC xerais e teñen un impacto notable na políticas socioeconómicas rexionais.
Nesta sección inclúense diferentes proxectos TIC desenvolvidos na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. A maioría dos proxectos están impulsados por organismos públicos, de ámbito rexional, e definiron servizos TIC de utilidade para o desenvolvemento dalgún ámbito das axendas dixitais locais e que están a disposición das entidades locais que están dentro do alcance xeográfico do proxecto.
Nesta sección reúnense unha serie de boas prácticas derivadas da análise de distintos proxectos e metodoloxías na temática de axendas dixitais. Os ámbitos que abarcan estas boas prácticas son: prestación de servizos, transparencia e participación, cidadanía activa e desenvolvemento social, desenvolvemento económico, cultura e identidade, e espazo público.
Nesta sección defínese un inventario de recursos na Eurorrexión de interese para o desenvolvemento dunha axenda dixital local. Este inventario inclúe desde organismos públicos con competencias no ámbito TIC ou centros tecnolóxicos de interese ata servizos TIC para o desenvolvemento de iniciativas en Administración electrónica, servizos de participación e información cidadá, plataformas etc.