Logo ADL
Imagen cabecera POCTEP FEDER
Facebook Twitter RSS feed
< March 2019 >
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Parnet-TIC, o proxecto dos servizos dixitais no medio rural

Artigo de Manuel Vázquez Sesmonde. Xefe de Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea da Deputación da Coruña.

O obxectivo primordial do proxecto PARNET-TIC dirixiuse a reducir a fenda dixital nos núcleos de poboación dos territorios rurais, e ofrecer solucións eficientes e modernas que melloren a xestión pública local e, en consecuencia, a vida da cidadanía.

PARNET-TIC puxo en marcha programas ao servizo da poboación, ensaiando formas de e-goberno e administración electrónica co fin de lograr mellorar as infraestruturas, servizos e accesibilidade nestes municipios, favorecendo así a participación dos cidadáns nas políticas públicas.

A nivel operativo o proxecto baseou a súa actividade no establecemento dunha Rede de Participación e Servizos Dixitais en territorios rurais, desenvolvendo un intenso programa de formación, impartido con gran éxito polos dinamizadores locais a través da rede de antenas ou puntos de información dispostos nas áreas de influencia das entidades socias.

No deseño dos servizos dixitais desenvolvidos para a prestación de servizos en liña, deuse prioridade ao uso de software libre e tívose en conta no deseño a eliminación de barreiras á accesibilidade. Ademais, todos os servizos permiten o acceso mediante a tecnoloxía OpenID, facilitando así a participación cidadá.

Os servizos dixitais desenvolvidos foron:

  1. Sistema de avisos xeorreferenciados e información xeorreferenciada.
  2. Sistema de xestión e promoción de puntos limpos.
  3. Envío e recepción de mensaxes a móbiles (SMS).
  4. Sistema de consultas á cidadanía.

Pero a intención de PARNET-TIC é a de ir moito máis alá, posto que as aplicacións desenvolvidas polo Proxecto son totalmente transferibles e están a disposición daquelas institucións e organismos locais que desexen mellorar o seu catálogo de servizos "online" implantándoas nos seus territorios e adheríndose á Rede xerada.

Xa na súa recta final, é necesario presentar unha recapitulación dos resultados alcanzados, entre os que cabe destacar:

  • A creación dunha rede de 33 antenas no territorio, que cobren 9 municipios en España e Portugal, cunha poboación total afectada de máis de 92.000 persoas.
  • A elaboración de documentos de gran importancia de cara á transferencia de resultados e que poden resultar de interese para as posibles experiencias futuras no terreo. Entre estes informes destacan un documento de boas prácticas en e-administración e e-goberno, así como a enquisa transnacional sobre prestación de servizos e administración e mecanismos de e-participación, a cal permitiu a creación dunha base de datos e realizar un estudo diagnóstico sobre a situación da prestación de servizos dixitais e e-participación nos devanditos territorios.
  • A elaboración dun Plan Director, que definiu a estratexia a seguir. Este Plan serviu de base para o deseño dos servizos dixitais de e-administración e mecanismos de e-participación máis adecuados á realidade dos territorios onde se ían a implementar.
  • A creación dunha Rede de Participación e Servizos Dixitais en territorios rurais, formalizada a través de acordos de adhesión.
  • A difusión de aplicacións e usos TIC no rural e formación á cidadanía a través dos Puntos de Antena.

Os indicadores do Proxecto mostran o alto grao de penetración alcanzado entre a poboación dos puntos de antena, grazas ao gran número de accións destinadas á alfabetización dixital, difusión das aplicacións e utilidades de e-administración.

Esta experiencia piloto no uso das ferramentas TIC no rural supuxo unha oportunidade inmellorable para as administracións participantes de mellora do seu catálogo de servizos "en liña".

Como se indicou, é importante reiterar que as aplicacións de PARNET-TIC desenvolvéronse co fin de que sexan facilmente actualizables e adaptables a outras contornas tecnolóxicas, son totalmente transferibles e están a disposición de todas aquelas institucións, especialmente as de ámbito local, interesadas na súa implantación.

O Proxecto PARNET-TIC conta co apoio financeiro do programa de cooperación territorial SUDOE (FEDER) da Unión Europea. Liderado pola Deputación da Coruña, nel participan ademais as Deputacións de Almería, Huesca e Lugo, o concello de Lugo, a Câmara Municipal de Águeda (Portugal) e o Pôle de Recherche et d'Enseignement Supérieur da Universidade de Montpellier (Francia).

Valoración 
Estrela 1 Off
Estrela 1 On
Estrela 2 Off
Estrela 2 On
Estrela 3 Off
Estrela 3 On
Estrela 4 Off
Estrela 4 On
Estrela 5 Off
Estrela 5 On
(0 Votos)
Enviar por email Imprimir

Servizos

A axenda dixital como oportunidade estratéxica

Smart Cities

Blog

Proxecto Poctep

Información ADL

Proxectos samrt cities